Estamos aquí para axudarche. Se tes algún problema ou pregunta sobre Praias Galegas, non dubides en contactar connosco.
Podes cancelar en calquera momento desde Axustes do iPhone → o teu nome → Subscricións → Praias Galegas Premium.
Na pantalla Premium, pulsa o botón «Restaurar compras». Tamén podes facelo desde Perfil, na opción de restaurar compras. Debes usar o mesmo Apple ID coa que compraches.
Maiores límites nas funcións de intelixencia artificial (planificar o día, rutas multi-praia e cambio de paradas) e a app sen anuncios. O prezo amósase na app antes de subscribirte.
Cada mes tes un número de usos das funcións de IA segundo o teu plan (gratuíto ou Premium). Cando se esgota, a app amosa «Sen cupo» e volverás poder usalas ao comezar o mes seguinte. Se tes Premium e non che deixa xerar, pecha e abre a app e comproba que iniciaches sesión co Apple ID correcto.
As planificacións xéranse con intelixencia artificial e poden conter erros. Verifica sempre horarios e dispoñibilidade antes de ir. Podes valorar a planificación para mellorar as seguintes ou pulsar «Cambiar esta parada» para pedir unha alternativa.
A versión gratuíta amosa anuncios sempre identificados como «Anuncio». Podes eliminalos subscribíndote a Premium. Para cambiar as túas preferencias de privacidade e anuncios, vai a Perfil → Privacidade e anuncios.
Os datos actualízanse cada hora. Comproba a túa conexión a internet, pecha a app e ábrela de novo.
Ve a Axustes → Praias Galegas → Localización e selecciona «Mentres se usa a app». A túa localización procésase no teu dispositivo; só se envía unha vez ao servidor cando reportas a afluencia dunha praia, para comprobar que estás preto, e non se garda.
Desde Perfil → Notificacións podes configurar as alertas para as túas praias favoritas. Se non che chegan, revisa Axustes → Notificacións → Praias Galegas.
Si. Podes preguntar a Siri ou crear atallos, por exemplo «mellor praia preto de min», e engadir o widget de Praias Galegas á pantalla de inicio. Siri non está dispoñible en galego, pero funciona en castelán e inglés.
Abre a planificación e usa o botón de compartir: podes enviala como imaxe ou como PDF.
Usa o buscador na pestaña Lista. Se cres que falta algunha praia, escríbenos e engadímola.
Na ficha da praia, sección Reseñas, preme «Escribir reseña»: puntuación de 1 a 5, comentario opcional e ata 4 fotos (da galería ou coa cámara). Só podes ter unha reseña por praia; cando xa a escribiches, o botón pasa a «Editar a túa reseña», e desde o menú ⋯ da túa reseña podes editala ou borrala. Ao borrala elimínanse tamén as súas fotos.
Preme o menú ⋯ da reseña e elixe «Denunciar». As reseñas denunciadas por varios usuarios ocúltanse automaticamente e revisámolas. Tamén podes escribirnos a info@praiasgalegas.app.
É un voto doutros usuarios para destacar as reseñas que lles serviron. Podes marcar unha vez cada reseña (menos a túa) e quitar o teu voto premendo de novo. En «Ver todas» podes ordenar por «Máis útiles».
A afluencia repórtana os propios usuarios. O estado que ves calcúlase cos reportes dos últimos 90 minutos, dando máis peso aos máis recentes e aos feitos desde preto da praia (menos de 3 km); un reporte feito desde lonxe só conta se hai varios. Deixa de amosarse pasadas 4 horas. Cada dispositivo pode reportar unha vez cada 30 minutos por praia; mentres tanto verás «Reportado».
Só para comprobar que estás preto da praia. Envíase unha única vez ao reportar e non se garda. Se non das permiso, podes reportar igualmente, pero o teu reporte conta menos. Podes activala en Axustes → Praias Galegas → Localización.
Pode ter sido ocultada automaticamente tras varias denuncias, mentres a revisamos. Se cres que é un erro, escríbenos a info@praiasgalegas.app e revisarémola.
As túas reseñas, fotos e votos podes borralos ti desde a app. A maior parte do resto de datos está no teu dispositivo (bórranse ao desinstalar a app). Para consultar, corrixir ou eliminar os rexistros que garda o noso servidor (rexistros de uso, reportes de afluencia, votos ou reseñas), escríbenos a info@praiasgalegas.app e inclúe o teu ID de dispositivo, que podes copiar na app desde Perfil → ID de dispositivo (así podemos localizar os teus rexistros). Podes ver máis detalles na Política de privacidade.
Se non atopas resposta á túa pregunta, escríbenos. Respondemos en menos de 48 horas.
Para calquera dúbida, problema técnico ou suxestión:
Enviar correoinfo@praiasgalegas.app